> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://educacion.gitbook.io/programacion/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://educacion.gitbook.io/programacion/ud2-programacion-estructurada/arrays/declaracion-de-arrays.md).

# Declaración de Arrays

Un vector defínese mediante dúas características fundamentais:

* **Tamaño**: é o número de elementos do vector
* **Tipo**: é o tipo de datos dos elementos. Todos estes deben ser do mesmo tipo.

O procedemento para definir vectores componse de dúas etapas:

1. **Declaración**: utilizando corchetes, símbolo que diferencia entre unha variable escalar e un vector. Ademais defínese tamén o tipo de datos do vector.
2. **Asignación de tamaño**: indícase o tamaño do vector e reservase memoria para este.

## Declaración

Temos dúas sintaxes para declarar un vector onde tipo é un tipo primitivo:

```java
tipo nomeVariable[];
tipo[] nomeVariable;
```

Por exemplo, para declarar o vector *idade* temos dúas alternativas:

```java
int idade[];
int[] idade;
```

## Asignación de tamaño

Tras a declaración é o momento de **indicar o tamaño**. A sintaxe é:

```java
nomeVariable = new tipo[tamanho];
```

Por exemplo para indicar un tamaño de 5 da variable *idade* realizamos o seguinte:

```java
idade = new int[5];
```

O operador `new` constrúe un vector onde tódolos elementos se inicializan a 0 para tipos numéricos e `false` se o vector é booleano.

| Tipo de dato                                         | Valor por defecto en arrays                         |
| ---------------------------------------------------- | --------------------------------------------------- |
| `byte`, `short`, `int`, `long`                       | `0`                                                 |
| `float`, `double`                                    | `0.0`                                               |
| `char`                                               | `'\u0000'` (carácter nulo, non un espazo en branco) |
| `boolean`                                            | `false`                                             |
| **Obxectos** (por exemplo `String`, `Integer`, etc.) | `null`                                              |
|                                                      |                                                     |

## Declaración e asignación de tamaño

É posible declarar o vector e asignar o tamaño nunha única sentenza:

```java
int[] idade = new int[5];
```

Este é o xeito recomendado.

{% hint style="warning" %}
**Tamaño do vector en tempo de execución**

En Java, **non se pode cambiar o tamaño dun vector unha vez que se inicializa**, xa que os vectores teñen un tamaño fixo.

Non obstante, podes definir o tamaño dun vector en tempo de execución se o especificas ao crealo, utilizando unha variable que contén o valor do tamaño.

```java
    Scanner scanner = new Scanner(System.in);

    // Pídeselle ao usuario o tamaño do array
    System.out.print("Introduce o tamaño do array: ");
    int tamaño = scanner.nextInt();

    // Defínese o array co tamaño especificado polo usuario
    int[] array = new int[tamaño];
```

{% endhint %}

## Construcción mediante asignación

Existe unha alternativa para crear un vector sen necesidade do operador `new`. Na mesma declaración asígnanse valores aos elementos do vector. Este crease co tamaño necesario para albergar todos os valores asignados.

```java
int datos[] = { 2, -3, 0, 7 }; // Vector de tamaño 4
```

Esta sentenza declara a variable `datos` e crea un vector de catro enteiros, onde cada elemento ten asignado o seu valor correspondente.


---

# Agent Instructions
This documentation is published with GitBook. GitBook is the documentation platform designed so that both humans and AI agents can read, navigate, and reason over technical content effectively. Learn more at gitbook.com.

## Querying This Documentation
If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://educacion.gitbook.io/programacion/ud2-programacion-estructurada/arrays/declaracion-de-arrays.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
