> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://educacion.gitbook.io/programacion/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://educacion.gitbook.io/programacion/ud1-introduccion-a-programacion/introducion-a-programacion/algoritmos-e-programacion.md).

# Algoritmos e programación

* Un **algoritmo** é un conxunto de instrucións ou regras definidas e inequívocas que permiten resolver un problema, realizar un cálculo ou algunha tarefa ou actividad
* A **programación** consiste en resolver problemas mediante algoritmos.
* O **algoritmo** debe especificar as accións que se executarán e en que orde se deben executar
* Un algoritmo é independente da linguaxe de programación. É dicir, unha vez que temos un algoritmo que resolve un problema, podemos aplicalo a calquera linguaxe de programación.
* Un **programa** é un algoritmo escrito coas instrucións específicas dunha linguaxe de programación específica

## Características dun algoritmo

* **Finito**: Debe completarse nun tempo finito, é dicir, o algoritmo debe rematar despois dun número finito de pasos.
* **Preciso**: Debe definirse de forma exacta e precisa, sen ambigüidade.
* **Eficaz**: As instrucións poden ser executadas por unha persoa usando un lapis e papel
* **Xeral**: Un algoritmo debe resolver unha clase enteira de problemas, non só un único problema illado.

Un algoritmo recibe información de entrada, vaina procesar, e vai xerar unha información de saida

<figure><img src="/files/uy8JRbVne9mJZaK9So70" alt=""><figcaption></figcaption></figure>

Escribir un algoritmo pode asemellarse a escrbir unha receita de cociña. Vamos ter uns ingredientes de entrada, unha saída, que vai a ser o plato elaborado, e uns pasos de elaboración, que van a ser as instrucións do algoritmo.

## Algoritmo da tortilla de pataca

**Datos de entrada**: Ovo, aceite, patacas, cebola, tixola, lume.

**Datos de saída:** Tortilla de patacas.

**Algoritmo:**

1. Engade o aceite á tixola.
2. Coloca a tixola no lume.
3. Cando o aceite estea quente, frixe as patacas e a cebola.
4. Bate os ovos e engade as patacas e a cebola cando estean ao teu gusto.
5. Engade os ovos á tixola e dálle a volta varias veces.

<figure><img src="/files/GfqL41bVRv9EQ3Auz3IC" alt=""><figcaption></figcaption></figure>


---

# Agent Instructions
This documentation is published with GitBook. GitBook is the documentation platform designed so that both humans and AI agents can read, navigate, and reason over technical content effectively. Learn more at gitbook.com.

## Querying This Documentation
If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://educacion.gitbook.io/programacion/ud1-introduccion-a-programacion/introducion-a-programacion/algoritmos-e-programacion.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
