> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://educacion.gitbook.io/programacion/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://educacion.gitbook.io/programacion/ud1-introduccion-a-programacion/execucion-secuencial/variables-e-identificadores.md).

# Variables e identificadores

A hora de de traballar coa linguaxe de programación Java, compre ter en conta os seguintes elementos:

## Identificadores

Son os nomes unívocos que se lle dan ás variables. Deben seguir as seguintes reglas:

* Deben comezar cun carácter alfabético (letra), un guión baixo (`_`) ou dólar ($)
* Pódense usar letras, díxitos (0-9) e guións baixos (`_`), pero non se permiten espazos nin caracteres especiais
* Distinguen maiúsculas e minúsculas (idade e Idade son variables diferentes)
* Non poden coincidir cunha palabra reservada (’*keyword*')
* É recomendable usar nomes significativos que describan o propósito da variable.

**Exemplos:**

nomeUsuario, primeiroNumero, $cambio, if2

**Palabras reservadas en Java:**

<figure><img src="/files/UzSXjSOGATtJoa5QUnmM" alt=""><figcaption></figcaption></figure>

## Variables

En Java, unha **variable** é un espazo de memoria que se usa para almacenar un valor. As variables permiten que un programa manipule datos de forma dinámica e son fundamentais para a programación.

```
tipoDeDato nomeDaVariable;
```

Cada variable vai a ter tres elementos principales:

* Un tipo
* Un identificador
* O dato ue almacena

Exemplo:

```java
int idade; // Declara unha variable chamada 'idade' de tipo 'int'
```

Despois de declarar unha variable, debes **inicializala antes de usala**, asignándolle un valor. A asignación faise co operador `=`:

```java
idade = 25; // Asigna o valor 25 á variable 'idade'
```

Podes **declarar e inicializar** ao mesmo tempo:

```java
int idade = 25;
```

{% hint style="warning" %}
Java segue o estilo **camelCase**. Esta é unha convención de nomenclatura utilizada en programación para escribir nomes de variables, funcións, métodos ou clases sen espazos ou guións, onde cada palabra despois da primeira comeza cunha maiúscula. O nome recibe o seu nome porque as letras maiúsculas no medio da palabra fan que pareza un pouco como a silueta dun camelo.

As súas características son:

* **Primeira letra en minúscula**: A primeira palabra sempre comeza cunha letra minúscula.
* **Palabras seguintes con maiúscula**: As palabras seguintes comezan con letra maiúscula.
* **Sen espazos, guións nin subliñados**: Todos os termos van xuntos sen separadores.

Exemplos:

* `nomeUsuario`<i class="fa-copy">:copy:</i>
* `contadorTotal`<i class="fa-copy">:copy:</i>
* `obterNomeCompleto`<i class="fa-copy">:copy:</i>
  {% endhint %}


---

# Agent Instructions
This documentation is published with GitBook. GitBook is the documentation platform designed so that both humans and AI agents can read, navigate, and reason over technical content effectively. Learn more at gitbook.com.

## Querying This Documentation
If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://educacion.gitbook.io/programacion/ud1-introduccion-a-programacion/execucion-secuencial/variables-e-identificadores.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
