> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://educacion.gitbook.io/programacion/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://educacion.gitbook.io/programacion/ud1-introduccion-a-programacion/execucion-secuencial/mostrar-datos-por-pantalla.md).

# Mostrar datos por pantalla

Para mostrar datos por pantalla en Java, normalmente usas a función `System.out.println()`<i class="fa-copy">:copy:</i> ou outros métodos da clase `System.out`<i class="fa-copy">:copy:</i>. Aquí tes un resumo das diferentes formas de mostrar datos:

* **Usar `System.out.println()`**<i class="fa-copy">:copy:</i>

  Este método imprime unha cadea de texto seguida dun salto de liña. É o máis utilizado para mostrar datos.

  ```java
  System.out.println("Isto é unha mensaxe.");
  ```
* **Usar `System.out.print()`**<i class="fa-copy">:copy:</i>

  Este método imprime unha cadea de texto sen saltar a liña. Úsase cando desexas que a seguinte saída apareza na mesma liña.

  ```java
  System.out.print("Isto aparecerá na mesma liña.");
  System.out.print(" E isto tamén.");
  ```

## Mostrar variables por pantalla

Estas funcións van permitir mostrar tanto texto como variables de outro tipo por pantalla. Para imprimir nunha única chamada un texto e unha variable debemos de c**oncatenar os valores mediante o operador suma (+)** :

```java
int resultado = 20;
System.out.println("O resultado é " + resultado);
// A saida do programa será o texto "O resultado é 20" 
```

As funcións **`System.out.println()`** e **`System.out.print()`** permiten que tanto incluir variables coma expresións, por exemplo:

```java
int valor = 5;
System.out.println("O resultado é " + (resultado * 4 +3 -2));
// A saida do programa será o texto "O resultado é 21" 
```

## Precisión na representación dos números

De cara a representación dos números decimais, existen certos números que non poden ser representados mediante un número finito de decimales, por que requiren cadenas de 0 e 1 mais longas do que cabe no tipo de dato. Por exemplo:

```java
System.out.println( "2.0 - 1.1 = " + (2.0 - 1.1));
//2.0 - 1.1 = 0.8999999999999999
System.out.println( "5.3 - 5.2 = " + (5.3 - 5.2));
//5.3 - 5.2 = 0.09999999999999964
```

O método **`System.out.printf(String formato, Object .. args)`** é un método que permite pintar unha cadena na que se formatean una serie de variables:

| Especificador | Descrición       |
| ------------- | ---------------- |
| %d            | int, short, byte |
| %ld           | long             |
| %f            | float, double    |
| %s            | String           |
| %c            | char             |
| %b            | boolean          |
| %x            | Hexadecimal      |
| %o            | Octal            |
| %%            | %                |

Con esto podemos imprimir con formato para evitar confusiones:

```java
System.out.printf( "2.0 - 1.1 = %.1f%n", (2.0 - 1.1));
//2.0 - 1.1 = 0,9
System.out.printf( "5.3 - 5.2 = %.1f%n", (5.3 - 5.2));
//5.3 - 5.2 = 0,1
```

Outros exemplos de utilización da chamada de printf:

```java
int i = 42;
short s = -123;
byte b = 100;
System.out.printf("Entero : %d Short: %d Byte: %d%n", i, s, b);
//Entero : 42 Short: -123 Byte: 100
System.out.printf("Entero : %d Hexa: %x Octal: %o%n", i, i, i);
//Entero : 42 Hexa: 2a Octal: 52
```


---

# Agent Instructions
This documentation is published with GitBook. GitBook is the documentation platform designed so that both humans and AI agents can read, navigate, and reason over technical content effectively. Learn more at gitbook.com.

## Querying This Documentation
If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://educacion.gitbook.io/programacion/ud1-introduccion-a-programacion/execucion-secuencial/mostrar-datos-por-pantalla.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
