> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://educacion.gitbook.io/programacion/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://educacion.gitbook.io/programacion/exercicios-java/ud2-exercicios/bucles/exercicios-de-contadores-acumuladores-e-flags.md).

# Exercicios de contadores, acumuladores e flags

1. Escribe un programa que calcule a cantidade de numeros introducidos por pantalla. Se o numero introducido é 0 o programa finalizara e mostrara a cantidade. Razoa por que é necesario utilizar un contador, un acumulador ou un flag e por que utilizas o tipo de bucle.
2. Escribe un programa pida numeros enteiros por pantalla ata que a suma de todos sexa maior que 100. Razoa por que é necesario utilizar un contador, un acumulador ou un flag e por que utilizas o tipo de bucle.
3. Escribe un programa que lea por pantalla un numero enteiro positivo e determine o número de díxitos que ten. O programa deberá controlar que o numero sexa positivo (se non non fai nada). Non está permitido o uso de Strings na resolución de este exercicio. Razoa por que é necesario utilizar un contador, un acumulador ou un flag e por que utilizas o tipo de bucle.
4. Escribe un programa que pida un numero enteiro por pantalla. O programa vai pedir tantos números como os indicados anteriormente, e vai indicar cal é o menor, cal é o maior e cantas veces aparece o maior. Exemplo

   1. Entrada: n=7 Valores = 1, 5, 6, 6, 1, 1, 3
   2. Saída: Máximo = 6, repeticións=2. Mínimo = 1, repeticións = 3.

   Razoa por que é necesario utilizar un contador, un acumulador ou un flag
5. Escribe un sistema de login simple para autenticación de usuarios. O sistema deberá almacenar o nome do usuario, o seu contrasinal, o numero máximo de intentos como valores que non se poden modificar, e utilizará unha variable para determinar o número máximo de intentos de login e outra para determinar se está logueado. O programa pedira ata tres veces o nome de usuario e o contrasinal, devolvendo a mensaxe correspondente. En caso de chegar a tres veces e non autenticar, mostrará a mensaxe de "Usuario bloqueado. Numero de intentos superado". Razoa por que é necesario utilizar un contador, un acumulador ou un flag


---

# Agent Instructions
This documentation is published with GitBook. GitBook is the documentation platform designed so that both humans and AI agents can read, navigate, and reason over technical content effectively. Learn more at gitbook.com.

## Querying This Documentation
If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://educacion.gitbook.io/programacion/exercicios-java/ud2-exercicios/bucles/exercicios-de-contadores-acumuladores-e-flags.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
